Se ha producido un error en este gadget.

martes, 21 de febrero de 2012

MARTES DE ANTROIDO

Fai hoxe arredor de 45 anos!!!!!! Dúas cuartas de neve cubrían a claraboia da cociña o que lle daba unha luz como leitosa.
Meu pai, Luis o Xastre, nun xesto moi de seu cando estaba satisfeito, refregaba as mans dicindo:
Temos cocho morto, as fillas na casa, pan e viño,temos todo, que neve o que queira....
Para os meus adentros pensaba: non papá, eu non teño todo aquí, máis ben todo está noutro sitio,
que non neve máis.....
Hoxe, tantos anos despois, se os meus fillos estiveran aquí, cun cacho de cocho na pota, pan e viño,
unha gran raiola de sol entrando pola ventá da cociña, refregaría as mans coma Luis que xa non está
(herdei o xesto cravadiño), e diría: Temos todo.
E os meus fillos dirían o mesmo ca min daquela.
                                                                         gema, día de Antroido do 2012

2 comentarios:

  1. Diferencias xeracionais miña amiga... Sempre foi e será así.
    Pero gústame o que dis e como vés , fíxome volver a vista cara a trás... Por algo o teu tempo pasado é tamén o meu...

    ResponderEliminar
  2. angela fernandez21:41

    the andoratrSabio o señor Luis. Y sabia sua filla... Solo el recuerdo ya es tesoro, reflexión profunda de la vida contada de la mejor manera.
    En un flash vi toda la tierna escena...como si hubiera estado allí. Ojalá vuelva la nieve.

    ResponderEliminar