Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 15 de febrero de 2012

E A CULTURA É MERCADO???


Onte comezou na Biblioteca Municipal do Concello de Oleiros un interesante obradoiro de poesía
que supoño será ben interesante tendo en conta que o seu condutor é Xabier Seoane, excepcional personaxe da cultura galega.
A sorpresa chegou cando chamei á Biblioteca para inscribirme e me informaron de que debía  pagar 120 eurazos.  Carajo….? A voz atenta da informadora díxome que era por ser de A Coruña. O curso era de balde para os do concello. Manda güevos….?
Quedei cavilando: Pero Oleiros non era un concello moi progresista?  Ou deixaría de selo?  Porque a Cultura ……

Unha que é incrédula de credos relixiosos e políticos, non sabe a qué atribuílo.
Non serán recortes ?  En cultura?  Iso non mola nada, nada...

Gema, 15-02-12
Interrogantes : 3D persona decidir el problema. imagen generada por ordenador Foto de archivoImaxe Google

1 comentario:

  1. E logo que pensabas? Se hai que facer recortes fanse en cultura, en educación, en sanidade, nos xornais dos que menos gañan... Que importancia teñen esas menudencias comparadas cos sagrados soldos dos politicoss? Ademais canta menos cultura e educación teñas mais manexable es. Como te atreves a soñar coa gratuidade de " nimiedades" cando os nosos pobres gobernantes precisan manter a toda costa todos os seis privilexios económicos , como debe ser... E nos a fod...

    ResponderEliminar