Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 15 de febrero de 2012

DEMANDA A UN DEUS














Imaxe Google


A pantalla catódica non para de cuspir detritos inhumanos. Tapo a cabeza para non ver a escandalosa destrucción cósmica, para que os ollos non se me afagan e a alma non se me acartoe.
Tapo a cabeza mentres me pregunto onde está Deus agora?  Quizabes mirando outros mundos mentres este se lle vai das mans. Se unha vez veu, seica redimirnos, agora era imprescindible que baixara  en persoa, non o fillo. Que se arrincara perante o mundo, as veas a tiras e as febras  fío a fío, para crermos na súa existencia.

Que mundo creou que apodrece en carne viva baixo terribles pragas de lume e fame ?

gema, 16-03-09


2 comentarios:

  1. Se fora verdade que deus creou este mundo, teriamos que pensar que o fixo nun día de bebedela e logo, avergonzado abandonouno

    ResponderEliminar
  2. Eu penso que fumado, por iso o fixo de risa ....

    ResponderEliminar