Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 8 de junio de 2014

Ponte arborada

Está abraiado polo instante
de confirmar na vellez que segue a ser un neno;

a viaxe máis longa remata na infancia.

A casa é unha ausencia de rostros familiares
e unha ola baleira ao lume da cociña.

Sabe vagamente que o corazón
pode afundirse un tempo de domingo

nunha ponte arborada.


Ana López.

1 comentario:

  1. Toda unha filosofia da vida encerrada neste fermosisimo poema. Mentres me chega ao corazon faime sulcos de nostalxia na memoria.

    ResponderEliminar