Se ha producido un error en este gadget.

martes, 10 de junio de 2014

LUARADAS

Vaite de aí
lúa lueira
que ti non sabes 
quitar as penas.

Vaite de aí
lueira lúa
que non che quero
cousa ningunha

Vaite e non volvas
co teu luar
que no meu leito
xa hai quen está.


         Ana López.

2 comentarios:

  1. Non me estraña que a lúa de onte te inspirara. Estaba para namorar.

    ResponderEliminar
  2. Non nos deixes sen luar Aniña...!

    ResponderEliminar