Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 8 de junio de 2014

O LUNS NO ÁGORA




PROXECTO
Hei cerrar as axendas e facer meu o día,
volver á vocación das antigas xornadas.

Hei facer o bocexo da vella enredadeira,
comprobar se o farrapo alimentou o lume
e foron as especias vangardas do sentido.


 Hei tirar a estas augas a pedra escurecida,
confortar os meus mortos no fondal dun insomnio,
poñer en paz a herdanza que cabe nunha ollada,
desenterrar a cunca na que figura un nome
e compracerme, humano, na rosa que repite.

A. Torneiro







1 comentario:

  1. Álvarez Torneiro é un dos meus poetas preferidos. Os seus versos estremecenme porque falan de vivencias e sentementos que non me son alleos e, sobre todo, exprésase dun xeito tan fermoso...

    ResponderEliminar