Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 8 de junio de 2014

Estes fermosísimos versos pertecen ao libro "Onde nunca é mañá" do noso Premio Naciónal de Poesía Manuel Álvarez Torneiro.

MENTRES AGROMAN  LIRIOS


A verdadeira dor non fai ruído
nin ergue torres de ámbar enloitado,
nin plano de saqueo,
nin obriga a cubrirnos a cabeza
coma os nenos nas tardes de tormenta.
Pero é un poderío,
é un oficio de contrarios
e leva dentro a nosa criatura:
nenos retrospectivos,
unha misericordia devastada,
unha infección que morde
e anula o patrimonio.

Non fai ruído pero esgaza en vivo,
precisa un odio seco,
unha amargura cóncava,
un seme negro.

Ás veces ergue o puño do inocente,
do dono da cordura,
blasfema e racha a alba,
persuade da miseria.

Mentres, agroman lirios nazarenos
nos cómaros de maio.


       Manuel Álvarez Torneiro (  Onde nunca é mañá )

2 comentarios:

  1. Poño o poema de torneiro e atopo que coincidimos

    ResponderEliminar
  2. Grazas por estes fermosos versos de Manuel Álvarez Torneiro.
    Ás veces gustaríame permanecer nese lugar "onde nunca é mañá"

    ResponderEliminar