Se ha producido un error en este gadget.

martes, 17 de junio de 2014

!Arriba o ánimo! O sol trenzou para nós un cestiño de alentos.


A serra

Somos fillos dun tempo indomable.

Aprendemos a ler as sombras dos charcos,
pateamos os carreiros en todas direccións
afastados dos pasos sometidos dos conventos.

Medramos trenzando as mazorcas do millo,
cabalgamos as xestas,
compartimos larpeiradas cos gatos
ao carón da lareira.

Non precisamos luvas ni sombreiros
estamos afeitos a invernía.

Nalgún lugar de nós arde o desexo
de vivir cada amencer

na luz que no alto da serra alumea.


         Ana López.

!FELIZ VERÁN!

2 comentarios:

  1. Bo verán Ana. Grazas. Que a luz te acompañe

    ResponderEliminar
  2. Que nunca morra en ti, miña amiga, o desexo dun novo mencer e que no teu veran medren mil sorrisos novos!

    ResponderEliminar