Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 3 de septiembre de 2012

Entonces desaparecieron entre la bruma los hombres del morral mezquino.
R. Char


O sufriento é mudo,
o soño tamen.
En silenzo camiñan collidos pola man
desherdados,unidos pola noite.
Con unha lealdade inesgotable
atravesan as estacións do frio
na procura de primaveras que non existen.
Non ceden ó impacto do medo.
O soño limpa as bagoas da dor,
cóllea no colo para que non se derrube,
ábrelle os ollos para seguir o camiño
cara a un mundo que inda pode ser imaxinado.
Amigos silenciosos non preguntan nada,
saben que non haberá respostas
deste mundo xordo e calcinado.
Máis resisten!

2 comentarios:

  1. Triste poema, pero que ven moi "a conto" dos textos de X. Carlos Caneiro e dos comentarios que nos provocan. A ti , ademais empurroute a escribir este dorido e fermoso poema. Como sempre, xa cho dixen mais veces, as tuas creacions teñen o don de recoller o momento.

    ResponderEliminar
  2. Soño con que se faga realidade o verso de R, Char e toda a mezquindade desapareza nas tebras...
    Máis todo soño supón un sufrimento e todo sufrimento supón un soño de esperanza senón seria insoportable.
    SOÑEMOS!

    ResponderEliminar