Se ha producido un error en este gadget.

martes, 4 de septiembre de 2012

TEÑO QUE SEGUIR


Cando fendeu a campá grande, a Maior, soaba coma unha lata valeira, non abría a tronada. Houbo que pedir por toda a parroquia para fundila de novo.
Daquela non había subvención nin nada diso, as cousas eran máis sinxela e ninguén protestaba.

Eu misma fun un día cabo do alcalde, D. Angel que estaba na súa cantina e non cobraba polo cargo , díxenlle que era a filla do xastre, como tiñamos unha casa moi pequena e a terra de arredor era toda municipal, que precisabamos unha habitación máis, solicitaballe permiso para construila.
Díxome que chamaramos o albanel e adiante. Así, sen máis. Hoxe sería prevaricación ou algo así, non?

Por certo, ao meu pai gustábanlle moito as rosas, era un home delicado, e plantou unhas roseiras pegadiñas á casa (terreo municipal). Son rosas vermellas cunha fragancia que non atopei en ningunha outra parte. Ólenme a meu pai.
Chegou unha alcaldesa nova, por certo amiga de meu, e díxolle que tiña que arrincar todas as roseiras, foi coma se lle mandaran arrincar todos os dentes pero obedeceu non sen tomar precaucións: colleu un pé da preferida e trouxoma para que eu a plantara e a conservara.
E planteina e consérvoa coma un legado sagrado. Hoxe, dous capullos granate están diante da furna das súas cinzas e ólenme a el.

No hay comentarios:

Publicar un comentario