Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 28 de septiembre de 2012

CAMBIAN AS PAISAXES



O monte Goía é o mirador da Terra Cha, o vixía da entrada dende a Mariña e dos meus cafés postaenmarcha de cada mañá, durante moitos anos. Está na parroquia de Lousada - Xermade - Lugo.
Fun testemuña de como foron facendo grandes cicatrices na súa apiderme e nas súas entrañas, arríncandolle a cachos a súa esencia para faceren outra cousa. Fun testemuña muda, por iso  fixen esta

MINI
 
De Goía queda só coma unha teta
coa mamila apuntando ao ceo,
o resto é Gaiás.
gema, 28-09-12
 


1 comentario:

  1. Miña querida amiga neste outono case prematuro no que o calendario instala o corazón , vas ti e falas de Goia e volve o verán sobre o seu cume nunha foto fixa na memoria de días lonxanos no que a silueta dos seus picos
    chamabanme con forza dende o lonxe...

    ResponderEliminar