Se ha producido un error en este gadget.

domingo, 30 de septiembre de 2012


hileras de uvas de vino en la zona de Chianti, Toscana. Italia Foto de archivo - 10894648


OUTONO

Nai,

non miras a parra que está chea de uvas
redondas de sol.
Baixaremos o seu zume
como a saiva baixa á terra
polas gorxas capilares das cepas.
Xa non fai sombra a parra
Nai,
ti non a miras.
O vento laranxa do outono
rispoulle as follas coma escamas resecas dun dragón
que repta cara ao sol para beber lume.
Agora Nai,
é o gran momento da terra
que agocha na mornura do seu redondo ventre
o xerme da vida que retornará en alborotadas primaveras,
circularmente, eternamente,
Nai.

gema,outono 2012-para Camelia.

3 comentarios:

  1. Un fermoso e emotivo poema de outono e de amor. Lastima que Camelia non poida lelo. Habíalle gustar.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar