Se ha producido un error en este gadget.

martes, 23 de octubre de 2012

PENSAMENTOS


Anda a xente frustrada, cabreada, confusa... ninguén está de acordo con nada, nin consigo mesmo..
Eu ando desconcertada, a prensa é insufriblemente monotemática, da TV. só miro con despreocupación Aquí no hai quien viva, e cavilo nas cousas que non me cadran que son bastantes:
por exemplo, a teima da independencia, manobra, necesidade do pobo ????????
Como se casa a independencia se vivimos nunha sociedade de individuos cada vez máis dependentes ???
Dependentes das modas, do que opinen e pensen e teñan os demais, das necesidades que nos creen os grandes mercaderes das ilusións publicitarias que xa non venden só mercancía senón, seica, sentimentos dos máis profundos, cun perfume, un coche ou un suxetador...
Dependentes ata do clima porque unhas choivas poden arrasar a nosa casa que outros mercaderes construiron no cauce dalgún río, ou nos arruina unhas ansiadas vacacións, ou unha saída ao mar.
Dependentes dun traballo doado e ben pagado que alguén ten que crear para nós pensando que ese alguén non vai levar o plus de beneficio máis groso .....
Dependencia da rede de redes que nos teñen de tal xeito enguedellados que non sabemos xa movernos sen o seu auxilio.....
De que independencia falamos mentres cada quen sexa tan dependente ?
Conquistar a independencia profunda do ser, sería, coido, o primeiro paso.Mais iso, penso, non lles gustaría nada aos PODERES.
gema, 23-10-12

No hay comentarios:

Publicar un comentario