Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 26 de octubre de 2012

ANIMOUSE A ESCRIBIR

Adormezo tarde. Non sempre me ergo. Levo unha vida barata. Non chego a 30% do día esperta.

Poidera parecer que levo unha vida regalada.Nada diso.Esas horas ao día estou moi ocupada en preparar a noite.

Non é doado ser vampiresa.Agora coa crise económica hai moita afecciónada na profesión e degrádana moito.Algún chega a pensar que estamos no século xix e que o glamour se consegue con un par de medias ou conxunto íntimo de Zara.!Ah non! eu son das de "Desayuno con diamantes".O glamour é moi caro, custa moitos sacrificios e gastos de representación.

O meu programa de entrenamento esixe horas e esforzo.En canto me ergo recibo ao meu preparador persoal que me prepara o corpo con unha serie de exercicios,algún privado, conven algunha clase de arte dramático, preciso ter algún referente para parecer que me enamoro algunha vez.A ilusión de realidade debe estar presente !son moi boa!

A continuación a masaxista, cunhas mans adorables e axudada por aceites e cremas da mellor calidade pon os meus músculos en forma,sácame as tensións da noite e tamén prepara a miña pel, o bo estado da pel e indispensable, hai anos axúdabame a xenética, porén agora debo coidarme.

Despois adico a ler un pouco, ás veces axuda en algún ambiente...

Esta noite non vou saír. De cando en vez aíslome na casa.Disfruto do que teño...tamén me lamento de algo ou alguén que deixei atrás, en especial daquela inxenua rapaza que xogaba ás artistas no seu cuarto e que desapareceu´có tempo...

!Como me volvín!
Ana López



 

2 comentarios:

  1. Ben, Aplicada, versátil, profunda, divertida ...

    ResponderEliminar
  2. Como te volviches...? Unha magnífica e dilixente escritora.
    Encántoume a túa historia.
    Repito os adxetivos que che adica Gema.

    ResponderEliminar