Se ha producido un error en este gadget.

miércoles, 10 de octubre de 2012

COMENTARIO AO POEMA DE ANA


O teu poema, Ana, enténdoo como un canto á esperanza, á dignidade, á resistencia do insistente tempo.
E quero comentalo aquí para abrir unha vía de escape á gran desesperanza na que ás
veces me atopo mergullada. Explícome:

Do último recital ao que asistín no Ágora saín pinchada, desinflada e moi dubitativa.
Pero será que o tempo nos arromba dun xeito tan brutal??? Son capaz de entender desde Góngora ata Herodoto pero non son capaz de captar a menor idea nin sentimento de poetas que me quedan moito máis proximos no tempo. Pero que me está sucedendo, e que xa non vou ser capaz de entender o mundo que me está rodeando???? Angústiame¡¡¡¡¡
Estaban alí, no recital,  porque eran moi bos, ela galega, galardoada, recoñecida, na onda. El da mesma onda de postmodernidade, recoñecido, galardoado, traído á Coruña para a inauguración dun novo curso poético......
E eu non os entendo. Doe eh!!!!
A ti si te entendo Ana, non debes ser tan boa, ou acaso, non serán tan bos eles???
gema, 10-10-12

1 comentario:

  1. Ou acaso somos poboadoras dun mundo en perigo de extinción...????????

    ResponderEliminar