Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 17 de marzo de 2014

O MANTEL

Ó tocar o mantel afogouna unha mestura de tenrura e carraxe. Era como descorrer o pano da nenez que se acubillaba naquel primoroso bordado que fixera a súa nai mentres lle cantaba algún romance.

Acercouno as meixelas e paseniño as bagoas íanse pousando nos pétalos das frores que sobresaían do tecido, como se os seus agarimos tratasen de consolala.

Estendeuno no chan e envolveuse con el. Necesitaba volver a sentir a calor do seu colo.
Non volvería a vela, viaxaba polo alén

                       Ana López.

2 comentarios:

  1. Breve e fermoso conto. Precisas de poucas palabras para emocionar. Ademais as lembranzas que evocas teñen moito que ver coa miñas e non e a primeira vez. Será que as nosas xeracions están próximas...?

    ResponderEliminar
  2. !Nada de xeracións que sei que non teñen culpa destas cousas! Non te me estás atenta, a próxima baíxoche a nota.
    Agora en serio, o que se é verdade e as "almas" o que seña, están preto e compartimos moitas lembranzas e emocións.
    Grazas polo comentario.
    Grazas por sentir o contiño.

    ResponderEliminar