martes, 25 de marzo de 2014

ANIMACIÓN Á ESCRITURA


O MANTEL

Puidera ser unha cortina, pero non, era un mantel. A proximidade entre as dúas ventás permitíalle aprecialo ben e tamén por proximidade e insistencia o deseño gravarase con severidade nas retinas de Eva.

Cando volvía do traballo gustáballe asomarse a aquela ventá porque non chegaba o balbordo da rúa e sempre facía unha brisiña salgada moi agradable, tonificante e relaxente.
A el, o veciño, nunca o vira asomado á ventá o que a ela lle proporcionaba unha maior intimidade.
Ahdma Amir e Eva coñecéranse xa ía para tres anos, cando Eva viñera para alí. Deseguida el se presentou como o seu veciño disposto en axudarlle no que precisara. Das veces que se foran atopando nas zonas comunes el contáralle que era sirio, ciruxián nunha clínica privada, por certo, de alto standing, suponse que para os altos personaxes que por pracer e luxo viñan á cidade.

A Eva parecíalle que ás veces se facía o encontradizo, cousa nada desagradable porque tiña un físico que a calquera moza podía facerlle perder o sentidiño. Tan atlético, tan moreno, de porte tan elegante , ollos tan irresitibles e sorriso tan aberto e branco, con ese misterio exótico e senxual mítico ... A primeira vez que a convidou a tomar un té arábigo con el, tivo que facer uso de todo o seu autocontrol e poder da disciplina de vontade. Rexeitou a invitación coa disculpa de que debía madrugar.
Tan pronto pechou a porta arrimouse ao tabique de costas e respirou tan acorada coma se viñera de subir os sete pisos dun brinco. Vencera. Non se ía deixar cair máis veces nas trampras amorosas. Seguro¡¡¡ Mantería o seu anonimato e independencia que non quitaba de ter conversas corteses cando se atopaban e mesmo el tiña detalles delicados como unhas flores brancas ou bombóns que ela agradecía co mellor sorriso.
Con repecto ao mantel, o detalle curioso era que aparecía e desaparecía a intervalos secuenciados e co tempo foi observando que cando o recollía, de camiño, alguén tocaba ao seu timbre e pasaba nun silencio que nunca se perturbaba.
Aquela fin de semana Eva pensara en ila pasar cos seus pais, así que se deitou axiña para poder madrugar pero costaballe durmir por non estar afeita a irse á cama tan cedo e por riba,, máis que oir, intuía movementos imperceptibles na planta. Cando pegou no sono espertouna o son do teléfono:

-Sarxento: un asasinato, veña pronto.

Dende a comisaría foron 15 minutos escasos ata o descanpado. Xa demarcaran a zona coas típicas fitas brancas e vermellas. Tomaban fotos os da Científica. O corpo estaba cuberto con esa manta semimetálica que lles botan derriba aos mortos. A sarxento ergueuna e quedou inmóbil coma se vira unha pantasma: de pel morena, beizos grosos, como 14 anos de idade e da cintura para baixo envolta nun mantel tinguido de sangue pero de deseño inconfundible.
O resto contárono os diarios en días scesivos e grandes caracteres:


DESCUBERTO FALSO CIRUXÁN SIRIO QUE FORMABA PARTE DUNHA REDE CRIMINAL ADICADA A MUTILAR NENAS E MOZAS MUSULMANAS. UNHA DELAS FOI DESCUBERTA POLA POLICÍA ESTA MADRUGADA NUN DESCAMPADO, LOGO DUNHA CHAMADA. DA EFICACIA DA POLICÍA ESPAÑOLA PODEMOS ESTAR FACHENDOSOS POR SER DAS MELLORES DO MUNDO INVESTIGANDO CASOS CRIMINALES.


gema bermudez

3 comentarios:

  1. Certamente o mal non leva código de barras e pode ter "porte elegante" menos mal que sempre hai unha "Eva" suspicaz.
    Unha realidade moi cruel e dura, relatada con obxetividade.
    Moi ben.

    ResponderEliminar
  2. Hai que ver o que pode dar de si un simple mantel branco... O caso e ter imaxinacion e un bo dominio da linguaxe e ti demostras que tes as duas cousas.
    Un relato moi ben resolto, con claridade, precision e sorpresa ao final. Parabens!!!

    ResponderEliminar
  3. Coas vosas loas puxésteme tan "caliente" que xa colguei outra ANIMACIÓN, a ver se se nos van abrindo as luces que unha ten algo achicadas, chicas. Grazas.

    ResponderEliminar