Se ha producido un error en este gadget.

lunes, 6 de agosto de 2012

A XANA

Hai un silenzo de almofada mol e doce
na cabeceira do dia.
Outros silenzos
agardan nun fondo verde - gris
o temperán canto dos paxaros.
No devalar, o mar, camiña na punta dos pés
para non espertar a meniña
que soña con ramos azuis de lavanda,
con limóns e fresas,
unha lúa grande
e pompas de xabón.
O pai amoroso mécelle o soño
nun berce de estrelas.
                      Ana López
 

3 comentarios:

  1. Benvida, Ana, con esta poesía tan fermosa á que non lle fan falla comentarios.

    ResponderEliminar
  2. Benvida Aniña!!! Que ledicia volver atoparte no Patio!!! A ti e a Xana nese poema tan tenro que recende a brisa e a sorrisos.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas ás dúas. Gracias pola imaxe Gema quédalle moi, moi ben.

    ResponderEliminar