Se ha producido un error en este gadget.

martes, 9 de febrero de 2016

A HIFA

Resultado de imaxes para soutos GALLEGAS

Xabier acendía sempre o radio porque adormecía mellor. Aquela noite escoitou algo que o espeliu de súpeto: para a alopecia o mellor era unha decoción de aloe , barbas de maínzo, ....... e
hifa. Hifa?
Pola mañá no recreo saiu e foi ao herbolario. Nunca tal tiveran. O mesmo lle responderon nas outras tendas. A alopecia mermáballe moito a autoestima.
Nas vacacións arrincou para a India seguro de que aló a atoparia e ao tempo facía turismo.
A mala sorte levouno ata un templo onde se produciu un terrible atentado.
Xabier finou ignorando que a hifa abondaba no souto da avoa.


gema

4 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Amiga miña: Quixo unha fatídica casualidade que ver relaciónadas no relato dúas palabras me puxera dos nervios sen que nada tiveran que ver nin a hifa ni o Antroido...
    Claro que ao millor se tivo algo que ver a hifa e me enmofou as entendedoiras. Quen sabe!

    ResponderEliminar
  4. Adoita pasar. Ás veces imos na procura do que temos diante dos ollos. E esa búsqueda é un camiño sin volta.

    ResponderEliminar