Se ha producido un error en este gadget.

viernes, 19 de julio de 2013

Gustan (nos)


"  Borges obviamente. As novelas que quedan por ler. .."
  
O sol, cando aparece tras unha gris nube gris. As cancións de Bob Dylan. Os poemas de Ángel González. O sabor do meu país: multiplicado en romarías, músicas, verbenas, pombas de viño e sonata de viandas humanísimas. Os que se tiran do barco, no medio do océano, pero saben nadar ata a praia. Os fríos, todo xeo, derretidos fronte ao arco da vella duns ollos. Os sensibles. Os que botan de menos, os que botan en falta. Os que choran por amor. Os que, por amor, derraman a súa vida. Os bohemios. Os que cantan boleros. Os que non saben cantar e murmuran cancións con sabor a ti. Os ilusos. Os últimos da fila. Os máis alegres do baile. Os que bailan mal (e os que ben bailan). Os chipiróns. As cañas. As veces que perdemos, para aprender. As veces que perdemos, e non perdemos o sorriso. Os que din bos días e preguntan como estás. Os que desexan sempre os mellores desexos. Os que fixeron da amizade unha vocación. Os que saben ser pais e nais. Os que saben ser fillos e fillas. Os solitarios, porque cada unha destas columnas escribinas na barra dun bar, mirándome nun espello do pasado. As praias. Os ríos. Verín. Os que non teñen no seu vocabulario as palabras infames: odio rancor maldade cinismo. As mentiras que alegran a vida. As verdades, tamén. Ti. Os xoves. Pedir perdón. Perdoar. Os que non buscan só o diñeiro, a fama ou o éxito, ou sexa, os que buscan a felicidade. Borges obviamente. As novelas que quedan por ler. As grandes historias de amor, e as pequenas.  Un bos días a calquera hora. Un cómo estás, arriba, arriba. Dicir quérote e escoitar «eu tamén».

Artigo  de Xosé Carlos Caneiro publicado na Voz de Galicia                                           (Foto propia)

2 comentarios:

  1. Que bo ¡¡¡¡¡¡¡¡
    ESES TAMPOUCO SAEN NA TELE ....

    ResponderEliminar
  2. Poucas das cousas ou das xentes que verdadeiramente nos gustan saen na tele...
    A min gústame este sábado de néboa ( iso que polo xeral odio a néboa, máis días así aborreceríanme) entre tantos días de sol...É como a melancolía que nos humedece os adentros e nos fai máis sensibles, tamén máis vulnerable e máis serenos...É un sábado cheo de sentementos cálidos , estraños que se esvaen entre a brétema. Aproveito para decirvos quérovos miña xente do Patio, Grazas por estar aí.

    ResponderEliminar