"Luz do ocaso sobre buguinas brancas"
Na túa cabeza navegan peixes, nos teus ollos arestas de metal e na túa boca bicos de luces abstractas. Dende a miña ventá escoito o bruído do mar que reclama a túa pel chea de escamas. Sobre a curvatura do horizonte deitas feiticeira o teu corpo de cristal e o lombo das ondas fecunda o teu ventre de transparencias salgadas. Na escuridade do meu cuarto
sobre sombras transeúntes naceron buguinas brancas...
(Foto propia)
|
!OLÉ! Saíume da alma, debo ter algún ancestro flamenco, ou toreuro, !vai ti saber!
ResponderEliminarBueno filliña eres un luxazo!
Segue producindo para o noso deleite.
Texto para "Animación á escritura."
ResponderEliminar!AI,ai ai! o que quixen poñer é toureiro.
ResponderEliminarPois saiuche unha "animación..."!Xenial!
Bueno Conchi, a ti de socato, tocouche un anxo ...... Estás irrecoñecible no laboriosa, no de escribir xa sabemos que é de sempre e canto máis se practique, mellor. Parabéns.
ResponderEliminarGrazas amigas polos vosos comentarios. Animan moito
ResponderEliminarO anxo que me tocou e o do insomnio. Así que escribo con nocturnidade e alevosía.
E por certo estou desexando que me abandone.