miércoles, 10 de abril de 2013




E UNHA CONVOCATORIA
Hai un movemento do corazón que abre a man
coma se botase a medrar órbitas de millo
coma se andase a ceibar soles ao futuro

E dende ese firmamento a súa luz debullase
a solidaria certeza de vivir.
Porque é por ti
que somos tantos
que o amor no sangue aventa ese soño
que ninguén puido soñar a soas.
Por ti que somos tantos a se-lo vento
que a mancheas empuña un corazón
Eva Veiga

3 comentarios: