viernes, 26 de abril de 2013

ALZHEIMER

A miña nai


O vento arremuiñou
os febles fíos dun hoxe
que se perdeu nun onte sen mañá.

O ocaso da memoria
percorre rostros esquecidos
polos lindes dun tempo esnaquizado.

O espello abafado reflicte
unha realidade ensoñada
envolta nunha tea de araña.

No silencio a escuridade
tece e destece lembranzas
có po de instantes fuxitivos.

Un nubeiro afastouna
a unha vella casa abandonada
e non sabe voltar.

                               Ana López.


3 comentarios:

  1. Que fermosa poesía. Non sei se se corresponde coa realidade túa ou non. de todos os xeitos eu podo compartila tal cal. Grazas.

    ResponderEliminar
  2. Esta realidade tan dura non me é axena.
    Un día foise a esa "praia do silencio" que diría a nosa querida Ángela e non regresou.
    Grazas a ti por compartila.

    ResponderEliminar
  3. Emotivo poema, Ana.
    Que non habitems endexamais "esa casa abandonada" e que as arañeiras non nos envolvan...

    ResponderEliminar