PATIO DE RECREO É UN LUGAR PARA XOGAR COA LINGUA NO MÁIS AMPLO SENTIDO DA PALABRA ...... E A LINGUA GALEGA É A MÁIS AXEITADA PARA ESES MESTERES ¡¡¡¡¡¡¡¡
jueves, 4 de abril de 2013
Terapia
Entrar paseniño no cuarto
acender as luces
deixar saír o que se agocha nos recunchos.
Des-envolver os medos
coñecer todos os hóspedes
recompoñer os rostros fragmentados.
Remexer na abundancia do corazón
sen derramar na curva.
Palpar o que doe
sen afogar-te.
Sentir-te na pel.
Reverter.
Ana López.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Intimidade que desborda o corazón e que convida a rebuscar nos cuartos dos nosos adentros.
ResponderEliminarUn poema moi fermoso!