"cavorco de ollos cegos..." |
Arañeira que nos envolve.
Silenciosas pegadas
que nos achegan á nada.
Boca que nos morde os ósos,
cristal que risca as carnes,
pozo onde se acochan as ausencias,
estación dos adeuses,
cavorco de ollos cegos
contra as paredes do inverno.
O pasado é só
unha foto sen lustre,
mañá mudez núa,
hoxe un instante que fuxe.
Follas secas, calafrío sedento,
bordel onde morre o desexo...
(Foto propia)
Será un poema a tres mans?
ResponderEliminarNon. So a unha man. Tiñao xa fai un tempo " en construcción ", quero dicir para correxir pero hoxe decidín que estaba ben así e ai esta...
ResponderEliminarRecen chegada do leste non puiden ter mellor recibimento que este fermoso poema do tempo;esa estadía onde se apousa a vida tan fráxil e forte ó mesmo tempo.
ResponderEliminarNaraboa poeta.
Recoñezo a túa pegada pero sempre hai algo que me confunde:
ResponderEliminarA tristeza tan fonda do poema coa túa realidade tan vitalista ...
Benvida Ana! Grazas polo teu comentario. Volvemos atoparnos neste lugar común que é o noso Patio porque , e cito as túas palabras, "nesa estadía onde se apousa a vida..." sempre estamos unidas.
ResponderEliminarComprendo o que dis Gema . Non es a primeira que aprecia esta ambivalencia. Supoño que alá no fondo hai uns pousos soterrados que ás veces precisan respirar, quizais os poemas son esa respiración sofocada. Grazas polas túas palabras,porque o que para ti supón confusión para min é comprensión.