Cantas veces as rodas
fixadas ao cadro encorvado do destino
transportan a carga das persoas
e a mercaduría das cousas
sen que o guiador controle as curvas?
Cantas veces unha lamia de caucho
tranca o rodamento da roda dianteira
e hai que dar impulso cós pés
para que os freos non disipen a enerxía
dunha segunda traxectoria?
Cantas veces podemos desviar o tempo
nas distancias curtas?
Ana López.
Estache o dia como para pedalear... En canto a desviar o tempo...? Eu son quen de matalo, iso e doado, morre el so, segundo a segundo. Quizais unha boa maneira de desvialo e escribindo, ai podes movelo, atrasalo, adiantalo, desvialo... E a ti o de escribir dachese ben. Sabes xogar coas palabras.
ResponderEliminar