Cando me certificaron a miña
capacidade para exercer a profesión, considereime coñecedora dun
código, sempre ampliable, para comunicarme correctamente por escrito
ou oralmente.
Pois venme sucedendo desde fai un tempo
que cando vou a certos recitais ou conferencias literarias, de
figuras moi destacas, veño para a casa cun desacougo e frustración
considerables:
Todos entendemos que a linguaxe
literaria pode ser requintada, máis aínda se é poética pero de aí
a que facendo o máximo esforzo mental, porque amo as letras, dunha
rethíla de palabras, rebuscadas adrede, non entenda o que pretende
comunicar (porque supoño que intentarán comunicar), éme triste,
magoante e moi frustrante.
Algo falla na línea
emisor-mensaxe-còdigo-receptor. Quizabes
as interferencias veñan dadas pola necesidade de diferenciarse
o
emisor respecto ao receptor .... Levar o mastro da post,
como
pose, para navegar en augas tan profundas que sobrepasen o asombro e
a confusión.
É,
segundo algúns, a deconstrución do texto, a fragmentación, a
racionalización; o retorcemento diría eu, como outros pensaron dos
reloxos de Dalí ou o experimentalismo da cociña moderna.
Éche
coma tirar margaridas
aos porcos .....
gema,
13-03-13
Dachese ben isto da critica literaria. Ademáis hoxe semella que tes un dia especialmente inspirado....
ResponderEliminar