martes, 16 de abril de 2013

O MUNDO

O mundo andaba a facer teatro de función en función,a súa fama chegaba a todas partes. Xira que te xira a Terra non paraba e o Tempo declarouse en rebeldía.
Andaba de aquí para alá como un toliño, troupeleaba cós días, contaba mal as horas; algunhas facíaas eternas con máis minutos dos que lle correspondían, e outras apenas chegaban a nada.
Tamén facía segundos interminables cando se poñía a xogar có tedio ou se enredaba coa
 dor.
Un desastre.
A Existencia,esa señora tan rara que non se fala con ninguén, facía o que podía para darlle sentido á vida, pero có Tempo revolto nada era igual. A irresponsabilidade foi tal que se marchou sen deixar un mestre sustituto aos homes e mulleres que xa non tiñan quen lles puxera as cousas no seu lugar, que como se sabe é especialidade do Tempo.
A desorde era total.
O sol e a lúa andaban de esmorga e provocaban moitos problemas nos namorados, que xa non sabian se facian o amor á luz da lúa ou a luz do sol,porque non se sabia se era noite ou día.
Así estaban as cousas cando ao Universo se lle ocurriu facer un E.R.E. !vaia por Deus! (que por certo desentendérase do asunto) e coa" lei" por bandeira decidiu botar ao paro a todas as estrelas que aliviaban un pouco, con elas sabiase polo menos se era de noite e aínda se podía soñar .Sin horizonte ningún tiveron que emigrar a outra Galaxia.
Os humanos que inda estamos no mundo, outros non atoparon a súa hora (foron as que levou o Tempo) seguimos a facer teatro e pactos coa Existencia, cada día máis intratable, para darlle algo de sentido e ledicia á vida.
O Tempo sigue en rebeldía.

                                         Ana López.

1 comentario:

  1. Que conto tan fermoso e sabio, Ana. Filosofía e poesía ..... Noraboa.

    ResponderEliminar