Os que conmigo van
han de ter a pel dura
o corazón ardente
os bicos nos beizos
os abrazos lixeiros
a mirada longa
un berro na garganta
e a cabeza alta.
Saber entrar e saír
de todos os charcos
cando chame a xustiza,
espabilar o medo
sempre que faga falta
sen temer aos canallas.
Ter os ouvidos alerta para;
o pranto dun neno
un home sen teito
un mozo sen futuro
unha muller asoballada.
! Non se render xamáis!
e no colo da amizade
saber rir ás gargalladas!
Ana López.
VOU CONTIGO ....
ResponderEliminarGRAZAS GEMIÑA,SEI QUE ES UNHA DELAS!
ResponderEliminarNon o pos doado, pero eu vou facer méritos para te acompañar...
ResponderEliminarTI XA TES MÉRITOS DE SOBRA CONCHIÑA!
ResponderEliminar