domingo, 14 de abril de 2013

O TREN

para Conchi

Estou na estación
dunha cidade de néboa
habitada por seres asustados
que non saben que existen

esperando un tren
que se desliza por vías de fume
nun tempo sen reloxio

leva departamentos pechados
con ventás que non miran a paisaxe
pasa por estacións abandoadas
con desfigurados letreiros

suben en cada parada
homes e mulleres exhastuos
que percorren con présa os corredores
sen chegar a mirarse

eu sigo agardando
coa miña equipaxe de soños
nesta estación pantasma.

e deixome levar pola amizade
ese tren que se perde tantas veces!


                               Ana López.

2 comentarios:

  1. Grazas Ana por adicarme este poema. Desexo que o sol non tarde en despellar as neboas desa estación na que te atopas, que non perdas nunca a tua equipaxe de soños e que confíes en que nos trens, as veces no vagón de cola, viaxa a verdadeira amizade.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti por aceptalo e por estar aí.

    ResponderEliminar