Escribo baixo unha pequena ventá
coa primeira luz do día
nunha hora de ninguén.
Desprego os ósos
do percheiro da noite,
escoito distante
a trécola deste vento do outono
Non sinto o desafío dos anos
nesta promiscua estancia
de libros acugulados
mobles en desuso
fotos , cadros e papeis.
A vida reflectida nunha imaxe
Van caendo as palabras
como as follas das árbores
nesta polifonía do silencio
paseniño...
ate ateigar de versos o cuarto
Ana López.
Dende logo Ana, naciches poeta.
ResponderEliminarSon os teus poemas sinxelas pinceladas dun corazón aberto a todo o que te rodea, de todo fas poesía suavemente engarzada coma una xoia que os teus ollos descobren en cada recuncho.
É un pracer.
Totalmente de acordo co que di i Gema. Delicioso poema!!!!! Non me estraña que o teu cuarto se encha de versos....
ResponderEliminar!Non vos merezo, moitas grazas!
ResponderEliminar