domingo, 10 de marzo de 2013

Testemuña

Veño das mulleres que recolleron
a rebeldía das voces que interrogaban ao aire,
"indecentes" que saíron á rúa  esixindo o sufraxio
e devolveron ao home o dereito do pranto.

Veño das mulleres que non se queimaron nos braseiros
e amosaron a forza da palabra.

Testemuña das que avanzaron na historia
sen desandar un paso,
e enxendraron no ventre
homes e mulleres liberados.

                                         Ana López.

Grazas a todas as mulleres e homes que abren cada día camiños de  igualdade.


2 comentarios:

  1. Que nunca morra a tua rebeldía Aniña!!!

    ResponderEliminar
  2. Canta forza encerra este poema,súmome como muller nada ao pé do
    Xistral, brava ....
    " ai das que levan na fronte unha estrela,
    ai das que levan no bico un cantar ... ¡¡¡¡"

    ResponderEliminar