jueves, 21 de marzo de 2013

DIA INTERNACIÓNAL DA POESÍA

                                        No camiño

Dende o ventre materno
brincando
reptando
gabeando
voando algunhas veces,

esquivando as pedras
aproximándonos
alonxándonos
sen deternos.

Vertemos os días gota a gota
abrindo canles dende a nenez
na corrente inesgotable das emocións.

por camiños cortados
encrucilladas perigosas
pontes derrubadas
horas maniatadas
mañás espidas
pasos paralizados
silenzos.

Seguimos ao berro inaudible da distancia
dispersándonos na ledicia
afundíndonos na pena.

Seguimos a ese Hamelin que levamos dentro
nas tardes aletargados do destino
coa ilusión renovada no camiño.

        Ana López.

1 comentario: