O ANEL
O amargor frío da cervexa contrastaba co caloriño doce
dunha raiola que me daba nas pernas e
me levou á ensoñación.
Chegara pola
tarde inopinadamente. Saín saudalo e quedouse sobre a mesma moto, eu ao lado,
parolando, baixiño, paseniño. Sabía eu que o de vir ver a meus pais era unha desculpa.
Díxomo: quería
unha muller coma ti para casarme. Miroume en fite entre inocente e pícaro.
Baixei os ollos.Aberta en canal: o meu amor platónico, sacrílego, fronte ao lume da paixón encarnada.
A ensoñación da noite anterior atrapárame. Foi o tintineo do anel do meu dedo anular,co que argallaba, que ao caer no chan me volveu á realidade.
Se estivera
con el seguiría vivo? Quererá, en soños, comunicarse comigo?
gema
Un anel espertador de soños. Hai outra que os provocan... A verdade , os aneis semellan ter poderes... Polo menos o de espertar a imaxinacion para escribir fermosos relatos...
ResponderEliminarVolvíches cambiar a cor do Patio. Deslumbra un pouco para ler Ah! e tamen lle volvches cambiar os bonecos. Creo que son os que xa tiña antes non si?
ResponderEliminar!Potente e fermosa esa imaxe do amor chegando en moto!Tivo que ver algo a moto no desenlace ¿non si?
ResponderEliminar