viernes, 1 de marzo de 2013

SEN RETORNO

  ( antipostmodernidade)


Sen boleto de regreso

navego no alto mar,

na melena levo o vento

e nas mans levo un cantar.

No horizonte redondo

o sol vaise descansar

na cama branda de escumas

en ondas cheas de sal.

Sairei a navegar

cunha bandeira sen cores,

sei que Itaca está dentro

mais eu co mar teño amores….

gema, 10 – 11 - 10







3 comentarios:

  1. "Sairei a navegar/cunha bandeira sen cores" O mar acolle todas as bandeiras.
    Sempre que un se para a ver ó mar ve unha cor diferente e oe unha nova cantiga.
    Parabéns dende esta beira.

    ResponderEliminar
  2. Todo un clásico , récordame a Rosalia " e no bico un cantar..." ( creo que era así...) o que demostra que aos bos poetas non hai xenero que se lles resista. Ben por ti Xemiña!!!

    ResponderEliminar
  3. Muy inspirado, rítmico y sentido. Precioso y con este poema voume dormir feliz. Biquiños

    ResponderEliminar