Fiaños de nubes gabean polo ceo,
nas rúas da cidade derrámanse soños
de menceres atrasados.
Camiñan polas horas que caeron dos días,
dobran a esquina por onde fuxiron
as mañás de vísperas.
Palabras de vidro desangran ilusións
ao pé da cegueira dun tempo
medido có aceiro da mentira.
A esperanza sigue a tender futuros imposibles
entre a sombra dun onte que se foi e un decotado presente
que se nega a ser cinza.
Lonxe de todo, a vida pechouse nunha hora longa;
hai que abrir portas e ventás para que o aire entre
e remova e limpe o corazón e a palabra.
Ana López.
Fermoso poema. Ti fas que que a grisalla realidade se troque en radiante amencer....
ResponderEliminar