lunes, 11 de marzo de 2013

In memoria

Era un río azul de esperanza
que percorría as rúas da cidade
polos lindes dun frío amencer
solitario e de choiva.

A noite declinaba entre saloucos
no ventre cómplice da lúa,
Amador e Daniel marchaban
coa ilusión como facho
e a razón como bandeira.

A morte rondaba emboscada
no chumbo covarde das pistolas
naquela mañá de botas e de cinza.

O corazón garda o sacrificio
neste inverno de sombras e mentiras,
e perdura a sementeira de futuro
da súa xusta e xenerosa rebeldía.

                                                      Ana López.

2 comentarios:

  1. Bonito poema, de bonitas palabra, de bonita factura. IN MEMORIA.

    ResponderEliminar
  2. Tamén a túa rebeldia , miña querida Ana , é xusta e xenerosa. Sempre disposta a traducir en fermosas e sentidas palabras a denuncia honrosa e reivindicativa.
    A túa voz é testemuña da verdade.

    ResponderEliminar