As nubes cabalgan sobre un ceo enzoufado de mentiras,
a choiva marca nos cristais polifonías de dor
e sobre a humidade silenciosa do chan
a choiva marca nos cristais polifonías de dor
e sobre a humidade silenciosa do chan
os fíos violáceos das horas
berran indecorosas blasfemias cara un deus xordo
mentres que pegadas indiferentes
afogan o últino alento da tarde
sobre un leito lixado de morte.
De lonxe chega o bruido do mar...
As ondas exaculan escuma sobre o cume das rochas
e un frío cincento penetra polas portas do corpo
e galopa sobre a indiferencia da pel...
berran indecorosas blasfemias cara un deus xordo
mentres que pegadas indiferentes
afogan o últino alento da tarde
sobre un leito lixado de morte.
De lonxe chega o bruido do mar...
As ondas exaculan escuma sobre o cume das rochas
e un frío cincento penetra polas portas do corpo
e galopa sobre a indiferencia da pel...
(Foto propia)
Tan triste como fermoso, xa cho dixen bifor, temos que facer a merendiña pra espavilar os velos negros
ResponderEliminarainda que ti estas a punto de afogalos na Mallorca.
Noraboa po la poesía, e por aparecer por fin
!Que poidera ser por veces unha nube , miña amiga!
ResponderEliminarFermoso poema que non deixa indiferente.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarGrazas polos vosos comentarios.
ResponderEliminarAnxela equivocaste de lugar, pero de todos os xeitos, a volta despendolaremonos... Merendiña!!!
Conchi, eu onte á noite xa lin o teu poema pero transmitiume tanta tristura que non puiden comentalo.
ResponderEliminarConsigue o efecto, é bo e fermoso pero fondo e forte.
Sinto que o meu poema che producira tanta tristura... A verdade é bastante negro, coma algúns dáis de inverno. Precisamente, ás veces, cando está a piques de rematar sentimos as pegadas dilatadas que nos deixou nalgún lugar incerto do noso ser. Pero sempre volve a primavera. Agora mesmo debe de estar acochada tras de calquera esquina...
ResponderEliminarGrazas polo teu comentario e esa raioliña de sol que entra agora pola miña ventá é para ti...