miércoles, 6 de marzo de 2013

Animación á escritura

                                                  O ANEL

Entramos no mundo con dous legados que se abrirán paso ao longo da nosa historia: un anel e unha caixiña de maxia gardada no corazón.
Neses dous obxetos agochados detrás do telón da cotidianidade, están simbolizadas as grandes cuestións que se debaten ao longo do percorrido ata pechar o círculo; a loita dos contrarios e a eleccións das prioridades que ocuparan o noso tempo e os nosos sentimentos todo o camiño.
Pero será o amor a chave que abra o candado da caixiña da maxia, e de sentido a ese traxecto circular do reloxio dos días.
O amor desata a forza dos sentimentos que nos liberan da esclavitude do desalento, precisamos del para encher de plenitude os nosos pasos:
o anel é a vida,
o amor a maxia.


Ana López.

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  2. Como sempre, Ana, es a primeira en facer " os deberes". E poñelos e saltarche " a chispa"...

    Precioso texto. En poucas liñas encerras un mini ensaio que semella unha pequena e brillante alfaia.

    ResponderEliminar
  3. Maxia pra leer. Sempre tan poética e precisa. Perdon po lo galego, fago o que podo, maestra.

    ResponderEliminar