Rompente
Para Gema.
A mirada do mar
acolle o voo dun paxaro
que leva nas ás pingueiras de choiva
que quedaran penduradas das árbores.
Amaina,
unha branca luz ilumina a praia.
Enredadas nas ondas
van virando as emocións
no rompente da alba.
Ana López.
Grazas ana, sempre nos quedará o mar polo menos ata o día que se fragmente.
ResponderEliminarSempre nos quedara o mar... As estacions sucederanse... Mollaranos a choiva e enxoitaranos o sol... Seguiremos camiñando ainda que tiñamos que separar as pedras mentres poidamos respirar ao lado dos que amamos....
ResponderEliminar