!Miña rula!
Antes de que te vaias debería tecerche unhas luvas rosas para que as mans non sintan a friaxe da saraiba, un xersei azul para que leves contigo o abrazo cálido do ceo, unha bufanda laranxa e amarela como os raios do sol para que te enchan de bicos a cariña, e unha manta de amor que te agarime cada día.
E xa ves !miña rula ! perdo o tempo facendo esta inútil e feble rede coas palabras.
Ana López.
Xa o sabía Ana, cando puxen a foto. Non podía
ResponderEliminarser doutro xeito .....
As avoas somos así ....
A foto é preciosa Gemiña,tes "ollo fotográfico".Na miña opinión ten dúas lecturas: o descubrimento da natureza, e pola outra banda ese cristal que ven poidera ser o da ventá dun coche, un tren...e a actitude da man, case semella unha despedida ¿de saraiba?Non sei...
ResponderEliminarSigue facendo fotos.