LEOPARDO SON.
Estivo acompañada na mesa polo editor Miguel Anxo F. V., M. Mato e a prologuista Eva Veiga.
Fixeron longos e eloxiosos discursos, para meu gusto, excesivos no tempo.
A autora, no seu punto xusto, leu algúns dos seus poemas.
Opino que é unha escritora admirablemente hábil no manexo da linguaxe para expresar os sentimentos máis íntimos coa forza dun raio:
Vede aí unha mostra do apartado 2 CRISÁLIDAS:
E por amor do mar fun o navío
que fondea ao solpor en terra incógnita.
Por amor doutros ceus burlei a lei,
fun polisón que soña nas adegas
para o incendio do sol novas ribeiras.
Por amor das tormentas fun o mar
e a sera, o naufraxio,os afogados.
Na calma chicha cavei un remuíño
( expirais de paixón, auga que arde ).
Por saudades de amor busquei a noite
na pupila do kraken e o silencio
das fosas abisais. Engolín morte.
Pero ordéname o mar: aínda navego.
Encántame Pilar Pallarés.No poema parece a piques de perecer nun remuiño de paixón pero ó fin como di ; "inda navega ".Polo ben da poesía ! que non deixe nunca de navegar!
ResponderEliminarMágoa non poder ir a presentación do libro.