No París da bohemia fíxose moi habitual a absenta, unha bebida chamada a "fada verde " que din que tamen tiña propiedades alucinóxenas.Estas son as reflexións dunha bebedora de absenta xunta a sua copa...
METAMORFOSIS
Non recordaban ben cando fora a primeira vez que se sentaran xuntas, pero seguro que non estaban soas, sempre había arredor persoas alegres e agarimosas que rian con elas.
Xa non queda ninguén.
Agora están as duas mirándose, case descoñecidas, mudas, as palabras embarúllanse, non é doado falar cando non queda nada por dicir e a lingua se move con dificultade.
Hai tempo que non notan a dozura do fiollo e do anís. Cada día tiñan que aumentar a dose de azucre para distraer a amargura que lles quedaba na boca.
Tampouco a luz era a mesma, antes era máis piadosa con elas. A fada era verde esmeralda e por veces mostraba imaxes marabillosas que deixaban a todos abraiados.Ela tamen era fermosa e alegre.
Sen se decatar tornaron de color, agora os máis dos dias eran amarelas.. Os ollos perderan forza na mirada, tampouco os cabelos eran os mesmos, xa non brillaban ó sol e as imaxes da fada eran cada vez máis terribles, só as vian ámbalas duas.
Un dia a luz fixo con elas un xogo cruel, mostroulles a sua nova color: eran marrons, a color da realidade.
Levaban tanto tempo xuntas que lles chegou a soedade e a vellez sen darse conta. Ana López.
PREMIO por seres a primeira e por suposto pola imaxinación.
ResponderEliminarPreciosa e "lúcida" reflexión ( pola parte da autora) que case vén a ser un diálogo entre a bebedora e a súa única compañeira, a absenta. Lino varias veces porque me encantou.
ResponderEliminarParabéns Ana!
!GRAZAS AS DUAS!
ResponderEliminar