FOXTROTS
Ata de agora notar a friaxe do asadoiro da maleta cando a baixaba do andel superior do armario era ó máximo que chegara cando a dúbida lle facía acenos.
Hoxe as cousas chegaron a máis.
Puxo a maleta enriba da cama e comenzou a dobrar e desdobrar a roupa, a metela coidadosamente , tan coidadosamente que lle daba tempo a cambear de opinión, inda que non chegou a colgala de novo.
Era toda unha metáfora da sua vida.Combinación de resistencia e suavidade. Unha especie de foxtrots:pasos adiante,volta, pasos atrás, volta, pasos de lado, volta, de frente, volta…Un equilibrio sostido por unha banda, polas certezas aprendidas, e pola outra polos desexos de voar .
Intuía que as dúbidas axudaban a romper os muros que a paralizaban desde a nenez.Tiña necesidade de desaprender.
Nada era seguro.Tampouco que algo fermoso pasaría se marchaba tras unha dúbida , seguro que en canto se acercase escacharía o espello .
Non sabía se aquela viaxe remataría algunha vez, pero tiña ó fin as forzas necesarias para emprendela.
Descubriría novas dúbidas agochadas en cada estación por onde pasase camiño dun destino sen determinar.
Pechou a maleta e …
Sonou un foxtrots.
Ana López
Pintura de Úrculo
Bueno Ana, es unha tía do máis güai, güai del Paragüai.
ResponderEliminarUn moi bo texto, inxeñoso e áxil nun plis-plas cando eu aínda non saín da conmoción da complicada proposta de Conchi. Nin sei por onde comezar.
Todos os parabéns.
Sorprendente Aniña!!! Non existen para ti as dificultadesen en canto á escritura.
ResponderEliminarTes unha gran facilidade para ligar elementos moi distintos : a dúbida, unha maleta, uns pasos de baile e xa tes artellada unha historia que é un verdadeiro caleidoscopio que engaiola ao lector porque dentro móvense verdadeiros anacos de vida.