A túa pel foi debuxada
para tatuar a miña.
Navegamos no plasma do tempo,
dende o sutil pálpito da nada
para atoparnos.
E velaí, sucedeu o milagre
naquela tarde do verán serodio.
Recoñecémonos voraces,
coas mans sen estrear.
A túa pel envelenou a miña
e descubrimos a luz
nun amencer de papoulas
que incendiaron o sangue.
Os beizos foron auga
que rebordou en torrentes
e bebemos no manancial da abundancia
ata vencer a secura dos séculos.
Náufragos no mar dos praceres
á procura doutras dimensións
nas que seguir amándonos.
Gema, en Poemas de Amor e Cidade- 2009
No hay comentarios:
Publicar un comentario