Camiño cos pés descalzos,
na viaxe de volta da Itaca,
coa epiderme curtida por mil soles
e a lentura de noites estreladas.
Descanso ao pé do baobab
baixo a sombra das pólas alongadas,
no silencio azul do inmenso ceo.
Soño con principiños, sombreiros debuxados
que todos non alcanzan.
Debaixo das palmeiras o yambé
marca a fin da xornada de mans cansas
e o ritmo de pés nus sobre da area.
Vexo pasar as garzas
que viven baixo as dunas,
que moven coas súas asas.
Ninguén o sospeitara ¡¡¡
Apago a mineral sede neste oasis
onde se esconde o tempo cando pasa
e as lúas cuarteadas.
De alimento ambrosías,
pan dos deuses.
De talismán, gardo os zapatos rotos na mochila,
mais non preciso nada.
gema Bermúdez
Me veo debajo de una palmera, mirando las dunas y soñando...
ResponderEliminarcomo lagarto al sol...y descalza...
que relax, parece que vuelvo a ser joven
Camiñas cos pés nus por un camiño novo de versos, por iso podes gardar os zapatos rotos na mochila. Sigue camiñando descalza e descubrindo novos vieros para liberar as palbras...
ResponderEliminarParabéns!!!
! Mil soles e noites estreladas acompañaron a tua viaxe cos pés descalzos por versos escritos na area da vida!
ResponderEliminar