viernes, 27 de enero de 2012

DESDE A VENTÁ - 27 - 01 - 12

Unha que non reza
invoca o nome de deus en van
na exasperante impotencia
de contemplar tanto extremecemento.
Nas balconadas dos miradores
xentes ancoradas ao chan
coa mirada fixa ao frente, pechos as bocas e os puños.
Sobre as encabritadas ondas
brincan, máis que navegan,
lanchas de extenuados motores
na precura de inertes corpos,
xoguetes rotos,
dunha estupidez alcohólica.
Segue a zunir o elicóptero....
gema, 27-01-12

2 comentarios:

  1. A tua cercanía o drama fixo que te romperas de impotencia.
    Fermosos e necesarios versos.

    ResponderEliminar
  2. Na túa poesía hai crónica, actualidade, sentemento e xusto reproche para os que coa súa inconsciencia e estupidez xogan coa morte propia e allea...
    Poeta e cronista cunha mente lúcida.

    ResponderEliminar