lunes, 9 de enero de 2012

UN CONTO DE PRINCESAS QUE ME TROUXERON OS REIS

Había unha vez nun pequeno reino de Occidente unha princesa tan bonita como adoitan ser as princesas, se non máis. Loira, esguía, con ollos azuis, boca chea de doce sorriso, ben formada intelectualmente, deportista.... En fin, seus pais os reis preparárona en condicións para a vida que lle correspondería levar, coma os seus outros irmáns.
Chamábase Crisálida da Luz Censoles e Mandioca. A pesares de pertencer á realeza ela traballou no mundo plebeio e mesmo se namorou dun plebeio. El non era príncipe pero parecíao, tal era a súa presencia. Namoraría a calquera princesa.
Seus pais, os Reis ao ver a súa filla tan ilu, non opuxeron ningún reparo á voda que foi tal cual coma un conto de fadas.
Tiveron moitos fillos cos que vivían nunha casa moi, moi grande. Que digo casa.....¡ Era unha familia modelo, idílica, exemplar,feliz…
Pero coma en todos os contos, un día sucedeu algo totalmente inesperado: Xa ben entradiño o día, Crisálida da Luz ao espertar presentiu como algo estraño, como un alento descoñecido, como un olor desagradable....
Foi pouco a pouco entreabrindo os seus ollos de ceo e.........
O estarrecedor berro foi sofocado entre os coxíns por non espertar aos nenos. Berrou tanto, tanto que aínda non tería parado se non se lle agarrotasen as cordas bucais ata case non poder respirar.
Tampouco non era un caso tan raro, xa pasara noutras  ocasión pero ela nunca sospeitou que fora sucederlle:
O  príncipe xacía a seu carón no leito máis que respirando, arfando. Os ollos nos que tanto se mirara eran dúas cánicas brancas e desorbitadas que a miraban agora con estupidez infinta. A pel noutrora sedosa volvérase coma un biscoso feltro verde escuro con vultos deformes. Estarricaba   
unhas poutas de longas uñas mouras por tanto rañar no lodo, suponse. Nunha palabra, un auténtico anuro, coma nalgúns contos de princesas.
Díxolle ao servicio que necesitaba uns días de meditación, que correran con todo e só abría a porta
da alcoba para recibir algún alimento, máis ben zumes.
Despois, apareceu, francamente moi desmellorada. Desgaxara, o rostro estaba coma unha prenda descolgada dunha percha, caído, os ollos encovados e sen brillo, o sorriso minguado coma unha lúa tras  das dunas. Pensativa.  Co corazón fendido entre o que fora o seu amor o que se convertira  nun pesadelo.  Entre o compromiso de princesa e madre e o de amante inquebrantable??
E o conto queda por acabar.
Poderiamos aconsellar á princesa????
gema, 06-01- 12








1 comentario:

  1. Moi bonito o conto...Pero sabes que me soa a metáforaaaa...?
    Así que eu aconsellaríalle á princesiña que puñera ao príncipe en "coarentena" non sexa que se vaia contaxiar do seu mal... Aínda que ao mellor xa o está... Así que vaia rapidamente ao mellor médico do reino para que polo menos non se chegue a poñer tan viscosa nin tan verde como o seu esposo....

    ResponderEliminar