jueves, 19 de enero de 2012

ANIMACIÓN Á ESCRITURA - MINI 10 RENGLÓNS

   
                                       


&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&
                                                                    
                                                                   SETE VIDAS

Se a min, en realidade, nunca me gustou vivir en parella, non sei como aguantei trinta anos. Bueno, a verdade é que sabelo, seino, aínda que nunca llo dixera a ninguén. Contradicións que temos os humanos. A  oportunidade  de gozar do vil metal non se atopa sempre .  Nunca fun agarrada. A el fíxenlle un bo seguro de vida e eu tampouco me privei nunca de nada. El non miraba para min pero mirábame eu, dábeme gusto a min mesma que iso da autoestima é fundamental.  A el tamén lle dei gustiños, eh?

   Cando regresei contaba con que todo estaría abandonado, frío e triste coma un cemiterio.... Sorprendinme ao entrar no xardín: perfectamente coidado e diría que máis verde ca nunca. E na hamaca, na hamaca ...¡¡¡¡¡¡¡ Estaba el ¡¡¡¡¡¡  Vivo e con alguén que lle daba gustiños.

Puta fortuna: sete anos da miña vida, o que fardei coas colegas e o seguro de vida…

                                                                                                                     gema, 21-1-12

&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&

                                                                 A PLUMA






Xa sei que non me chamaches hoxe.Non sei se existo. O máis  real que hai en min é ese soño alado  no tinteiro.
Pero aquí estou cravadada neste espazo en branco.
Só espero que me deas unha aperta cós teus dedos dobrados nesta mañá a piques de rematar . Percorreremos xuntas o camiño trazado de curvas das mans ó corazón.
Levareite máis alá da tua horta, verás que tamen nacen flores noutras casas.
Descubriremos soles tralas sombras.
Acepteremos cantar a frescura da herba e as pedras do camiño .
Veremos a teimuda presenza da vida entre os sucos dos soños.

                                                                               Ana López, 21-1-12

&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&&


SEÑOR JUEZ


Señor juez:
Escribo estas diez líneas para que no se culpe a nadie de mi muerte. Es una decisión voluntaria y con mis plenas facultades mentales. No culpo a mis padres, en el frío de mi infancia, por su vergüenza, de haber traído al mundo un niño con una tara, y además poeta. Están olvidadas las huellas de los cardenales sobre mi espalda con el cinto de cuero, o el sonrojo de mi madre ante el mundo, por tener un hijo jorobado. Olvidados tambien los insultos de mis compañeros de colegio. Tampoco tiene culpa mi esposa, que, con sus continuos reproches, hizo que mi vida fuese un lugar todavía más oscuro. No culpo a mi único hijo de haberme dejado en este asilo, ni a mi nieto de traerme la pistola que le pedí, a cambio de un cheque al portador. Y aprovecho para pedir perdón, en este último estadio, antes del descanso que nos iguala a todos, a los arriba mencionados, y a usted, señor juez, por mi pobre interferencia en sus vidas y por las molestias.

Angela Fernandez


8 comentarios:

  1. Ai, Ana, que gusto, anímaste a todo. Moi encantadoras e aplicadiñas somos, non si?

    ResponderEliminar
  2. Ana, pura poesía en diez lineas. Muchas gracias por tus comentarios siempre tan poéticos.
    Gema, non entendin ¿morreu, matachelo ou que pasou? Si ves que te comprometes en la respuesta, dimelo personalmente...por las escuchas

    ResponderEliminar
  3. Estou totalmente de acordo con Ánxela. O teu "idilio coa pluma" ( que na realidade existe) é un texto totalmente poético e moi fermoso.
    Parabéns!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Vaia... Creo que hoxe estou na mesma liña de Áxela.
    Gústoume o teu conto Gema, sobre todo por esa forma tan irónica, coa que está narrado que fai dun feito máis ben dramático , unha peciña deliciosa case que de humor negro, pero ( e aquí onde coincido con Ánxela) que pasou? Semella que o matas , pero segue vivo... Non se trataría en realidade dun gato....? Uffff que dúbidas.......

    ResponderEliminar
  5. Home, ás que lles gustan as historias de fin suspense....
    Por que pensades que perdín sete anos da miña vida? Na cadea, parviñas. Quixen liquidalo por iso lle fixen o seguro pero ao cabrón parece que non lle dei ven, vale?
    Que duriñas, eh? Vaites, vaites..

    ResponderEliminar
  6. Ana, quero volver sobre o tema porque cando publiquei o teu mini centreime na puntualidade e sería inxusto quedarme niso porque o texto é todo derrame poético e orixinal.

    ResponderEliminar
  7. Cambieite de sitio Angela para que vaian as minis todas xuntas. Tan ben queo fixeras,ho.
    Esta mini ía un pouco coa idea de poñer couto aos teus longitudinales arrebatos literarios. Pero tanto dá, ti saes adiante airosamente con todo, aínda que teñas que xorobar ata o infinito un pobre xorobado....

    ResponderEliminar
  8. UUuuuffff!!!! Vaia historia Ánxela!!!!! Supoño que para compensar a brevidade (intencionada por parte da nosa "amigüita" ( segundo confesa) para poñer couto aos teus arrebatos literarios (e cito as súas palabras) compensáchelo coa INTENSIDADE.
    Deixoume KO.

    ResponderEliminar