Acábase o tempo, son horas as que
quedan para outro fin do mundo. Eu no último aínda era pequena e
predicárono na igrexa, como non. Miña nai levabame á misa e lembro
que dende que saín de alí pasei a dor de barriga máis caralludo
que lembro. Medo, puro medo físico, visceral. Como era pequena non
constatei que o mundo non se acabara para que me servira de
experiencia. Logo viñeron outros e o último debeu ser o do 2000.
Ese xa non me asustou nadiña, aló cada quen cos medos que goste de
cultivar, eu os imprescindibles, case ningún. Para que?
Bueno, pois agora, xusto o día antes
de que toque a lotería, para máis joda, outra vez.
Avísovos para que nas horas que
quedan, sempre que queiredes, fagades unha investigación exhaustiva
de por onde pode quedar aquí na Coruña, algo así coma un bunquer
que anos atrais, para outro fin do mundo houbo xente que preparou e
que ten pensado meterse alí.
Eu se queredes douvos máis pistas
porque o oín no radio e colaboro co que necesitedes pero dentro non
vou. Non quero saír e ter que vivir nun mundo máis devastado que o
de agora e sobre todo sen televisión nin ordenador.....
Eu non lle penso dar un euro "ao sumo hacedor" non se merece prima ningunha anda moi dasatento e menos este ano... en segredo!VAIME TOCAR A LOTERÍA! espero que non se lle ocurra ningunha nova "proba de amor" Deus ten cada cousa!
ResponderEliminarAos amigos vounos convidar a unha cea, queda aquí asinado.
Mirade, eu teño un pacto con deus "que non me moleste e eu a cambio non lle vou dicir que non existe" Así que non lle vou botar a culpa dos meus males nin do desastre en que outros nos meteron...
ResponderEliminarEn canto á fin do mundo, penso que a pesar do empeño que están poñendo os que o dirixen en que se acabe non o han conseguir...de todo... Algo vai quedar... O amor, a amizade, as ilusións aínda que un pouco esnaquizadas...Pero volveremos xuntar os anacos . Xa o fixemos tantas veces...Temos tanta práctica que ao mellor ata o volvemos conseguir...
Ben, chicas, vexo que non tedes nin un pouquiño de medo. Anda que se se acaba ......
ResponderEliminar